Onte era o día de reivindicarmos un mundo sen violencias contra as mulleres ( ), pero tamén daba comezo en Marín a 23ª edición das Xornadas Blanco Freijeiro, nas que terei a honra de participar este venres.
Se che cadra preto e che apetece, vou tentar contar unha breve historia da IA, desde hai case dous séculos até, por suposto, a irrupción do archicoñecido ChatGPT.